Programa Ler conta moito: «Menú máxico de contos» de Cris de Caldas
Evento xa rematado
-
Data
22 abril, 2024
-
Hora
6:00 pm - 7:00 pm
O Concello de Bueu, a través da concellaría de cultura e bibliotecas, participa no programa “Ler conta moito” co que se dinamizará a lectura a través de actividades variadas e atraíntes para a cidadanía, e que ten lugar coincidindo coa efeméride do Día do Libro, que se celebra o próximo 23 de abril. O programa, que conta co financiamento da Xunta de Galicia, estenderase durante tres días deste mes en diversos espazos municipais das tres parroquias.
O 22 de abril terá lugar “Menú máxico de contos”, de Cris de Caldas, que se poderá ver a partir das 18 horas na Sala Multiusos do Centro Social do Mar de Bueu. Nesta obra sorprenderase ao público cunha proposta culinaria de contos, con adiviñas e roliños de poesía con salsa agridoce, contos diversamente necesarios e outros contados a baixa temperatura.