Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Programa FICBUEU: Xornada inaugural

Cartel FICBUEU 2019

Evento xa rematado

O 12º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu arrincará o 6 de setembro ás 20 horas cun concerto ambiental nas inmediacións do Centro Social do Mar, onde membros da Asociación de Jazz de Bueu, baixo a denominación AJB Collective, se encargarán de entoar o saxo, a batería e o banjo, que continuarán soando tanto no acto inaugural como ao seu remate. Na mesma xornada, ás 22.30 horas, a música trasladarase ao interior do auditorio da man de Caspervek Trio, coa actividade ‘Panorama de cinema mudo: 15 anos de pioneiros da sétima arte (1902-1917)’. O grupo encargarase de poñerlle banda sonora a tres obras xa habituais do seu repertorio, e estreará outras dúas. Deste xeito, proxectaranse con música en directo cinco fitas capitais da orixe do cinema, asinadas por Mèliés, De Chomón, Chaplin, Guy e Griffit.