Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Programa FICBUEU: monólogo Miguel Lago

Evento xa rematado

O actor Miguel Lago protagonizará un monólogo humorístico o domingo 8 de setembro, ás 22 horas, no auditorio do Centro Social do Mar, dentro da programación do FICBUEU 2019. Franqueza, sarcasmo e catarse combinaranse sobre o escenario no espectáculo ‘Miguel Lago en directo’ no que, como de costume, será calquera cousa menos politicamente correcto, pese ao que a indumentaria do seu alter ego poida suxerir. O cómico vigués colabora na actualidade con Todo es mentira, o magacín de Risto Mejide en Cuatro, despois das súas aplaudidas aparicións en El club de la comedia, Late motiv ou La resistencia.