Programa FICBUEU: Gala de Clausura

Cartel FICBUEU 2019

Evento xa rematado

A Gala de Clausura do FICBUEU 2019 terá lugar o Sábado 14 a partir das 21:00 horas. Nunha cerimonia conducida polo actor César Aldea, coñeceremos as curtametraxes gañadoras da duodécima edición do festival. E poderemos voltar a ver as cintas galardoadas cos premios principais.

Ao remate terá lugar a Festa de Clausura, un ágape no segundo andar do Centro Social do Mar co que pecharemos o FICBUEU 2019.

Retira as túas entradas físicas no despacho de billetes do FICBUEU a partir do venres 6 de setembro ás 17:00h co e-mail que recibirás unha vez completada a compra.

Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra