Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Programa FICBUEU: El séptimo vicio

Cartel FICBUEU 2019

Evento xa rematado

O programa radiofónico El séptimo vicio, gravarase en Bueu o luns 9 e o martes 10 ás 18.15 horas, cando se desenvolverá o espazo de Radio 3 dedicado ao cinema de autor dirixido por Javier Tolentino. O reputado crítico conducirá dous especiais, con diversas entrevistas, marcados pola súa habitual paixón e compromiso, que o converten nun firme defensor das curtas e das vangardas cinematográficas.