Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Programa FICBUEU: Da curta á longa

Cartel FICBUEU 2019

Evento xa rematado

‘Da curta á longa’ será o título da conversa que o domingo 8 de setembro, ás 11.30 horas, vai protagonizar o director Xacio Baño, quen lle toma así  o relevo a Rodrigo Cortés, convidado en 2018 para explicar este tránsito tan habitual no eido da dirección cinematográfica. Xacio Baño, galardoado co Premio á Mellor Curtametraxe Galega en varias edicións do FICBUEU, presentou a súa primeira longa, Trote, o pasado ano en Locarno. No relatorio, dinamizado polo tamén realizador Gaspar Broullón, revisará a súa traxectoria para afondar nas diferenzas á hora de abordar proxectos de diferente metraxe e os retos que lle supuxo mudar de formato.