Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Programa FICBUEU: A produción dunha película

Cartel FICBUEU 2019

Evento xa rematado

O sábado 14, ás 12.30 horas, o produtor executivo de Frida Films, Sergio Frade, impartirá a conferencia ‘A produción dunha película’, que lle achegará ás e aos asistentes do FICBUEU o complexo proceso de sacar adiante un proxecto cinematográfico, desde a recepción do guión ata obter a copia final da cinta. O último treito da súa intervención centrarase nas vías para autoproducir unha curta, con especial atención á busca de financiamento. Frida Films aposta polo cinema de autor con nomes como Nely Reguera, Juanjo Giménez ou Diana Toucedo.