Presentación poemario ‘831-urb’ de Manuel López Rodríguez, XXVI Premio Johan Carballeira de Poesía
Evento xa rematado
-
Data
19 febrero, 2024
-
Hora
7:30 pm - 9:00 pm
O Concello de Bueu organiza o luns 19 de febreiro, ás 19.30 horas a presentación do libro 831-urb, poemario de Manuel López Rodríguez gañador do XXVI Premio Johan Carballeira de Poesía. O acto, que se insire na semana de celebración do Día de Rosalía, celebrarase na Sala Multiusos do Centro Social do Mar e contará ademais coas intervencións de Carmen García, concelleira de cultura, e Fran Alonso, director da editorial Xerais. 831-urb é, segundo a editora, un exercicio poético arquitectónico de ambiente ciberpunk onde o ser humano cre recoñecerse.