Presentación miniserie «Un día no mercado con Glen e Chapi»
Evento xa rematado
-
Data
23 noviembre, 2018
-
Hora
8:00 pm - 9:00 pm
O venres 23 de novembro, ás 20.00 h, terá lugar na Praza de Abastos de Bueu a presentación da miniserie «Un día no mercado con Glen e Chapi». A serie, englobada dentro do proxecto europeo Interreg Atlantic Area, «Cephs and Chefs», foi rodada en Vigo, Cangas e Bueu e ten como protagonistas principais a Glen, un escocés residente durante máis de 15 anos en España e a Chapi, un peixeiro con longa traxectoria na Praza de Abastos de Bueu. A miniserie trata de achegar aos pobos do norte de Europa a tradición gastronómica dos diferentes tipos de cefalópodos que se consumen en España, e rodouse na Praza de Abastos da nosa vila.