Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «Yo nunca», de Eduardo Solo – Trillo

Evento xa rematado

A Libraría Miranda de Bueu organiza o vindeiro 17 de agosto a presentación do libro Yo nunca, de Eduardo Solo – Trillo, nun acto que terá lugar no Centro Social do Mar ás 21 horas e no que participará tamén Marta Díaz Marcos.

SINOPSE:

Nun apracible val galego, cheo de silenzos e suspicacias, xorde un triángulo amoroso que irá difuminando os límutes entre a paixón e a loucura, Luis é un eterno opositor a xudicatura que decide illarse nese entorno rural para preparar o exame definitivo. Alí coñecerá a Carmen, unha muller madura que traballa como fisioterapeuta, e a Laura, unha moza dedicada a restaurar as pinturas da ermida.

Pero as cousas  non sempre son o que parecen, e o lector verase pronto arrastrado a unha escura espiral na que todos gardan segredos sobre o seu pasado.