Presentación libro: ‘Xela Arias, poeta e tradutora’, de Anxo Xoán Rajó Pazó
Evento xa rematado
-
Data
21 mayo, 2021
-
Hora
7:00 pm - 9:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
A Libraría Miranda organiza a presentación do libro Xela Arias, poeta e tradutora, de Anxo Xoán Rajó Pazó, que terá lugar o venres 21 de maio ás 19.00 h na Sala Multiusos do Centro Social do Mar.
Amais do autor, no acto participará Xoán Rodríguez Rivas.
SINOPSE: O volume que Ir Indo Edicións nos presenta é un percorrido por unha autora, Xela Arias, que dun xeito valente asumiu claros compromisos coa nosa lingua e co feminismo, movemento que defendeu en todas e cada unha das súas composicións, mesmo coa tradución de obras de autoras claramente significadas neste eido. Xela, unha muller que foi poeta, tradutora e filóloga, e que creu até os seus últimos días que «vencerse é cousa de se tratar».