Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: Voces de Bueu

Evento xa rematado

A Asociación Club Golfiños e o Concello de Bueu organizan o 5 de outubro a presentación do libro «Voces de Bueu». Esta obra recolle 25 historias de xente desta vila, nas que se amosa o xeito de vivir e de falar nos distintos lugares do neste concello.
O acto contará coa presentación da obra da man das persoas que a fixeron posible, así como un coloquio final en que se poderá preguntar tanto ás persoas que forman parte desas historias como ás que levaron a cabo este libro.

O acto celebrarase ás 20.30 horas na Sala de Exposicións Amalia Domínguez Búa.