Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «Vento na cara» de Juan Parcero

Evento xa rematado

A Axencia de Lectura de Meiro acolle o martes, 15 de maio, ás 20.30 h, a presentación do libro Vento na cara do escritor moañés Juan Parcero. O acto contará coa intervención de Tensy Gesteira.

 

SINOPSE: Aferróns non é un pobo máis, é un mundo dentro doutro. Cándido da Vila o irá descubrindo aos poucos, buscando nas rúas, pescudando na xente, investigando nas cara, tentando descubrir algo que sabe que fica no seu interior: o medo á vida.