Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «Venecia abandonada» de Eduardo Estévez

Evento xa rematado

A Libraría Miranda e Edicións Positivas, coa colaboración do Concello de Bueu, organizan este venres 21 de outubro a presentación do libro – disco «Venecia abandonada» de Eduardo Estévez. O acto terá lugar ás 20.30 horas na Sala Domínguez Búa.

O libro inclúe poemas en prosa, que teñen como fío condutor o paseo dun viaxeiro solitario por unha Venecia distópica e queda deshabitada de forma imprevista.