Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «Obra maestra» de Juan Tallón

Evento xa rematado

A Libraría Miranda organiza o 26 de xullo a presentación do libro Obra maestra, de Juan Tallón. O acto terá lugar ás 21.00 horas na Sala Multiusos do Centro Social do Mar e contará coa presenza do autor e da xornalista Susana Pedreira.

SINOPSE: a historia que conta esta novela é de todo inverosímil… e con todo, sucedeu de verdade. É incrible, pero é verdade: un museo de primeiro nivel internacional – o Reina Sofía- encarga para a súa inauguración en 1986 unha obra a unha estrela da escultura, o norteamericano Richard Serra, que despois desaparecerá sen deixar rastro. Como pode ser iso posible? O libro reconstrúe ese suceso cun estilo entre o xornalismo, a ficción e o humor.