Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «Un segredo entre as nubes»

Evento xa rematado

A Libraría Miranda organiza o 9 de decembro a presentación do libro Un segredo entre as nubes, de Victoria García. O acto, que terá lugar ás 12 horas no Centro Social do Mar de Bueu, estará presentado pola mestra bueuesa Macu Rodríguez.

SINOPSE: Só hai 26 persoas no mundo que coñecen esta historia. Agora, contigo, imos ser 27. O que che vou contar é difícil de crer, pero prométoche que pasou de verdade, vivino eu.

Seguramente estarás preguntándote por que decidimos non explicarllo a ninguén. A resposta é moi sinxela: se o contásemos tomaríannos por tolos, así que acordamos gardar o segredo e xamais falar deste tema con ninguén.

Ata hoxe…