Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «Un lume azul» de Pedro Feijoo

Evento xa rematado

A Biblioteca Municipal Torrente Ballester de Bueu acollerá o 5 de decembro, ás 20.30 h, a presentación do novo libro de Pedro Feijoo, titulado Un lume azul. O acto, organizado pola Libraría Miranda, contará coa presenza do director da editorial Xerais, Fran Alonso.

SINOPSE: Esta novela é a historia dos corpos sen vida. Unha trama de suspense que nos arrastra ata posuírnos, da que é preferible non saber nada previamente, mesmo evitando que ninguén nos desvele nada sobre ela, e gardar para nós o pracer de descubrir, de golpe, cal é a verdadeira historia que aquí se agocha. Dura, por veces mesmo violenta, pero tamén emotiva e, sobre todo, imprevisible, » Un lume azul » é unha apaixonante e intensa novela de Pedro Feijoo, escrita con ese arrebato ao que nos ten afeitos.