Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «Todo el tiempo que nos queda» de Irene Junquera

Evento xa rematado

A Libraría Miranda organiza o 21 de agosto a presentación do libro Todo el tiempo que nos queda, que será ás 21.00 horas no Centro Social do Mar e no que tamén participará o xornalista Luís García Rey.

SINOPSE: Elena medra e estuda no Madrid dos anos setenta baixo o férreo control da tía Victoria, unha muller dura que agocha un misterio. Alí coñece a Mateo, un amor prohibido polos prexuízos. Para cumprir o seu soño de converterse en novelista, Elena debe afrontar renuncias dolorosas botando man da súa fortaleza, a bondade.