Presentación libro: «Somos un pobo de artistas» de Xurxo Souto
Evento xa rematado
-
Data
15 marzo, 2024
-
Hora
7:00 pm - 9:00 pm
A Libraría Miranda organiza o 15 de marzo a presentación do libro Somos un pobo de artistas, de Xurxo Souto. O acto, que será ás 19 horas na Sala Multiusos do Centro Social do Mar, estará presentado pola xornalista Tensi Gesteira.
SINOPSE: O primeiro monumento da literatura galega son as cantigas medievais. Os «Cantares Gallegos» de Rosalía son o gran referente do Rexurdimento. Cantigas e cantares. Non obstante, a música sempre estivo ausente nas clases de literatura. En 1999 Luísa Villalta publicou «O outro lado da música, a poesía», libro-referente, onde puxo en valor a mutua atracción que senten entre si ambas as dúas artes. Seguindo o seu método, penetramos na selva vizosa da música galega contemporánea para procurar esa unidade primixenia. E buscámola especialmente nas marxes, territorios case invisíbeis para o gran público, onde medra cada día o poder da creatividade.