Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «Sito Presidente» de Felipe de Luis

Evento xa rematado

A Libraría Miranda organiza o 9 de agosto a presentación do libro Sito Presidente de Felipe de Luis,  que terá lugar no Centro Social do Mar ás 21.00 h. No acto estará presente o autor e Javier Romero.

SINOPSE: Na segunda metade da década dos oitenta, o modesto equipo de fútbol Juventud Cambados protagonizou unha sorprendente historia de éxitos deportivos, luxos e excesos da man do contrabandista e narcrotraficante José Ramón Prado Bugallo, alias Sito Miñanco. Sito xogou na súa xuventude no equipo da súa vila e anos despois accedeu á presidenta co beneprácito do seu tío. O equipo, que militaba en categorías rexionais en 1986, encadeou unha serie de rutilantes triunfos que lle fixeron rozar o ascenso á segunda división A.

A medida que se vai desenvolvendo o meteórico ascenso do equipo, van xurdindo dilemas, aos que o libro tenta responder: que cota de responsabilidade teñen os políticos, xornalistas e diferentes cargos públicos que sabían o oficio de Miñanco e lle deixaban facer? Sustentábase a desmedida veneración dos veciños de Cambados cara o narcotraficante en algo que non fora o mero interese material?