Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «Rewind» de Juan Tallón

Evento xa rematado

A Libraría Miranda organiza o 5 de xullo a presentación de Rewind, de Juan Tallón. O acto celebrarase na Sala Multiusos do Centro Social do Mar ás 21.00 h e o autor estará acompañado da xornalista Susana Pedreira.

 

SINOPSE: A novela indaga na posibilidade ou imposibilidade de rebobinar, nas pantasmas persoais, nos golpes de azar, na persoa que ao final somos, nos segredos que deben ou non deben contarse e na capacidade das persoas para reconstruirse cando escachan. A novela é unha maniobra de espionaxe sobre os mecanismos da propioa vida, que cambia sen avisar, xira, salta polos aires e destrúete sen que esteas preparado.