Presentación libro: «Reina roja» de Juan Gómez Jurado
Evento xa rematado
-
Data
14 diciembre, 2018
-
Hora
7:00 pm - 8:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
A Libraría Miranda organiza o 14 de decembro a presentación de Reina roja do escritor Juan Gómez Jurado. O acto celebrarase ás 19.00 h no Centro Social do Mar.
SINOPSE: Antonia Scott é unha muller moi especial, pois posúe un don que é ao mesmo tempo unha maldición: a súa extraordinaria intelixencia. Grazas a ela ten salvado deceas de vidas, pero tamén o perdeu todo. Hoxe agóchase contra o mundo no seu piso casi baleiro de Lavapiés, do que non pensa volver salir. Xa non queda nada aí fóra que lle interese o máis mínimo.
O inspector Jon Gutiérrez está acusado de corrupción, suspendido de emprego e soldo. El é un bo policía metido nun asunto moi feo, e xa non ten moito que perder. Por iso acepta a proposta dun misterioso descoñecido: ir a buscar a Antonia e sacala do seu encerro, y o descoñecido axudaralle a limpar o seu nome. Un encargo estraño aínda que aparentemente sinxelo.
Pero Jon darase conta rapidamente de que con Antonia nada é doado.