Presentación libro: «Planeta Paleta» de Yolanda Castaño e Xosé Tomás
Evento xa rematado
-
Data
11 diciembre, 2021
-
Hora
12:30 pm - 2:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
A Libraría Miranda organiza o 11 de decembro a presentación do libro Planeta Paleta, de Yolanda Castaño e Xosé Tomás. No acto, que terá lugar ás 12.30 horas na Sala Multiusos do Centro Social do Mar, intevirán os autores e tamén a poeta local Míriam Ferradáns.
SINOPSE: Microhistorias nas que desaparecen os límites físicos da realidade: en cada unha destas composicións oníricas crean pequenos mundos autónomos capaces de reunir elementos tanxibles e intanxibles nun mesmo lenzo, mentres reflicten o seu amor á natureza, o pacifismo, o interese por outras culturas ou a súa paixón pola vida.
Paleta Planeta traballa o gusto polo xénero poético, a conexión entre as artes, un cosmopolitismo nada eurocentrista, a identificación das propias emocións e a súa expresión a través de linguaxes creativas.