Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «Palabras malditas» de Miguel Conde – Lobato

Evento xa rematado

A Libraría Miranda organiza o 22 de maio a presentación do libro Palabras malditas, de Miguel Conde – Lobato, que terá lugar ás 19.30 horas na Sala Multiusos do Centro Social do Mar.

SINOPSE: Estela sempre foi unha localidade próspera e tranquila, chea de prexuízos e tamén de vento e néboa. Os seus habitantes, acostumados a vivir de costas aos problemas do mundo, nunca pensaron que chegaría unha traxedía que escruecería aquel lugar máis que o seu habitual clima.

A sombra cae sobre Estela o día que atopan a cabeza dunha moza cunha estraña tatuaxe na fronte. Cando aparecen novas vítimas, a pequena cidade estremécese ante a idea de que un dos seus veciños quizais sexa un asasino en serie.

Edén leva tempo suspendida do seu posto como policía xudicial da Garda Civil, cando recibe unha chamada. Agora necesítana, e rápido. Nunha sociedade obsesionada coa beleza e a imaxe, só ela é quen de observar moi de preto as persoas e descurir a verdade dos demais, a súa bondade esencial ou a profundidade da súa maldade, aínda que para iso teña que ollar ao perigosos e aterrador abismo do humano.