Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «Orquesta» de Miqui Otero

Evento xa rematado

A Libraría Miranda organiza o 26 de xuño a presentación do libro Orquesta, de Miqui Otero, nun acto que terá lugar ás 19.30 horas na Sala Multiusos do Centro Social do Mar.

SINOPSE: Valdeplata amence despois da verbena de verán. Sobre o prado, cadáveres de estorniños, un billete esnaquizado, unha bicicleta vermella, unha piruleta rota, sangue nunha zapatilla. A Orquestra tocou toda a noite e nenos, mozos e vellos bailaron as mesmas cancións gardando segredos distintos. Gardábaos o Conde, ancián que podía morrer en calquera momento ( e con el un mundo antigo de maxia e medo). Tamén Ventura, camioneiro que sacou por fin o seu vestido, o Placeres, soñando vinganza e amores prohibidos. Bailaron e beberon e parecía que podían entenderse antigos amantes, inimigos mortais, mozos perdidos.