Presentación libro: «Obra poética completa de Xosé Manuel Millán Otero»
Evento xa rematado
-
Data
30 octubre, 2022
-
Hora
6:30 pm - 8:00 pm
-
Casa do Pobo de Beluso
Rúa Nova de Arriba, s/n - Beluso
- O acto terá lugar este domingo, 30 de outubro, ás 18.30 horas, na Casa do Pobo de Beluso
O Concello de Bueu e a Deputación de Pontevedra renderán homenaxe este domingo, 30 de outubro, a Xosé Manuel Millán Otero, nun acto que se celebrará a partir das 18.30 horas na Casa do Pobo de Beluso e que contará con intervencións institucionais, amais de poéticas e musicais.
Con este evento preténdese lembrar a figura do que fora alcalde de Moaña e que pasou a súa primeira infancia no municipio bueués. O acto, que coincide co segundo aniversario do seu falecemento, servirá para presentar a Obra Poética Completa a cargo de Manuel Rei, e participarán a deputada María Ortega e o alcalde Félix Juncal. A nota musical virá da agrupación Xardín Desordenado, que musicará varios dos poemas de Millán Otero.
Xosé Manuel Millán Otero naceu en Beluso no 1964 e exerceu como profesor de lingua e literatura galega en Moaña. Licenciado en Filoloxía Galego – Portuguesa pola Universidade de Santiago, ten abondosa obra publicada, de entre a que destacan títulos poéticos como Este é tempo de sal, As palabras son espello ou As cinzas de Pasolini, e tamén participou en obras colectivas. Así mesmo, Millán tamén foi alcalde de Moaña polo BNG dende o ano 2003.