Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «O xardineiro dos ingleses» de Marcos Calveiro

Evento xa rematado

A Axencia de Lectura de Meiro organiza o 9 de outubro, ás 20.00 h, a presentación do libro «O xardineiro dos ingleses» de Marcos Calveiro, nun acto no que participará o autor e máis Daniel Chapela, colaborador cultural.

SINOPSE: Vilagarcía, principios do século XX. O destino dos mariñeiros ingleses e alemáns crúzase coas arelas de liberdade dunha moza que intenta ceibarse das estreitezas e ataduras da Galicia daquel tempo. Moitos anos despois, no Cemiterio dos Ingleses só queda unha tumba anónima, a número un. Alí agarda o misterio final, o dese sartego e o seu descoñecido ocupante. O enigma que arrodea a vida de Delia Cores e do seu fillo Edelmiro, o xardineiro dos ingleses. Cunha prosa áxil, protagonistas de carne e óso, e unha trama que zigzaguea entre os principais acontecementos históricos europeos, Marcos Calveiro consegue a súa obra máis lograda, de lectura apaixonante e chea de sucesos inesperados. Unha novela sobre a busca de liberdade. Sobre a xustiza e a capacidade para enfrontarse ao fado da historia.