Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «O que me queda por dicirche» de Alberto Mancebo

Evento xa rematado

A Libraría Miranda organiza o mércores 3 de abril a presentación do libro O que me queda por dicirche, de Alberto Mancebo. O acto terá lugar ás 19.30 horas na Sala Multiusos do Centro Social do Mar, e o autor estará acompañado pola tamén xornalista Lara Dopazo.

SINOPSE: A vida de Xoán transcorre nunha especie de entresoño que o obriga a manter unha relación dificultosa e estraña co mundo que o rodea. A súa inusitada beleza, na que todos reparan, e as experiencias que percibe cando adormece, convérteno nun mozo tan peculiar coma a súa familia. Ao pouco de coñecer a Paula, decidida, madura e cunha marcada historia, Xoán descobre unha calma que pouco lle vai durar. Ao mesmo tempo, coa axuda da súa irmá procurará unha peza enquistada do pasado da que aínda quedaban asuntos por resolver. En «O que me quedaba por dicirche» Alberto Mancebo tece con axilidade e sutileza unha historia familiar, íntima e sentimental baseada nas intensas emocións dun estraño protagonista co que calquera persoa se podería identificar.