Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «O mundo de cores de Roque e Lía» de Paula Suárez e Nuria Díaz

Evento xa rematado

A Libraría Miranda organiza o 15 de abril a presentación do libro O mundo de cores de Roque e Lía, de Paula Suárez e Nuria Díaz, nun acto que será ás 12 horas na Sala Multiusos do Centro Social do Mar. Acompañando á autora estará Vanesa Novas Caballero, mestra de educación infantil e primaria e presidenta da Asociación Veciñal Gandón.

SINOPSE: Roque e Lía, teñen un xogo secreto grazas ao cal, xunto cos seus amigos da clase, descubriron que hai moitas e diferentes formas de ser, estar, e, por suposto, de pintar as unllas.