Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «O lapis da luz: reescrituras de Manuel Rivas no cine»

Evento xa rematado

Salvador Castro Otero presentará o próximo mércores 23 de maio, ás 20.30 horas o libro O lapis da luz: reescrituras de Manuel Rivas no cine. No acto, que terá lugar na Biblioteca Municipal Torrente Ballester, intervirán Carmen Becerra Suárez, profesora de Literatura Española e Teoría da Literatura da Universidade de Vigo, Héctor Paz Otero, presidente da Fundación Wenceslao Fernández Flórez, e o autor.