Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «O incendio» de Sara Vila Alonso

A Libraría Miranda organiza o 15 de maio a presentación do libro O incendio de Sara Vila Alonso. No acto, que terá lugar ás 19.30 horas na Sala Multiusos do Centro Social do Mar, participará a crítica literaria Tensi Gesteira.

SINOPSE: Unha adolescente narra os acontecementos que marcaron os meses previos a un devastador incendio. O lume arrasou Neboeiro, a aldea da súa avoa, e cambioulle a vida para sempre. As primeiras experiencias sexuais, o acoso escolar, a morte e o forte vínculo coa súa avoa e cunha cadela abandonada determinan o devir da historia, ambientada nun rural descoidado que esmorece. Cunha voz que escribe dende a inxenuidade, a tenrura e o humor, esta novela de Sara Vila Alonso explora a intimidade dunha nena que se fai adulta nun mundo hostil e violento, pero onde tamén afloran os afectos, a amizade e o pracer. «O incendio» é un relato sobre o lume, aínda que o importante sexa todo o que sucede antes de que comece a arder.