Presentación libro: «O azul entre o ceo e a auga»
Evento xa rematado
-
Data
14 junio, 2024
-
Hora
7:30 pm - 9:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
A Libraría Miranda organiza o venres 14 de xuño a presentación do libro O azul entre o ceo e a auga, de Susan Abulhawa. No acto, que será ás 19.30 horas na Sala Multiusos do Centro Social do Mar, estarán a tradudora Rocío Viéitez e Moncho Iglesias, xornalista e escritor.
SINOPSE: O azul entre o ceo e a auga, de Susan Abulhawa, xa traducido amáis de 20 idiomas, achégase agora en galego.
Conta a historia dunha familia palestina, os Baraka, que a través de diversas xeracións de mulleres, enleadas no tempo e no espazo, nos amosan a dura realidade da franxa de Ghaza. Desde a tola Um Mamdouh ata a americana perdida Nur, pasando pola valente e desleigada Nazmiyeh ou Mariam a dos ollos de dúas cores. Personaxes masculinos e femininos nun territorio que lles é hostil e onde a forza, o humor, os lazos familiares, as obrigas e as lembranzas, crean unha rede que lles permite seguir adiante.
Unha historia de resiliencia, onde vemos como podemos resistir malia todas as condicións externas adversas grazas á fortaleza das matriarcas.
É unha novela de exilio e desarraigo, de esperanza e afouteza, de atopar a propia identidade e o respecto no conflito palestinoisraelí, onde o mundo máxico e o real se mesturan para confluíren na idea do azul entre o ceo e a auga, onde sempre se está, unindo presente e pasado: