Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «No camiño do vento» de Sesé Mateo

Evento xa rematado

A Libraría Miranda organiza o 8 de febreiro a presentación do poemario No camiño do vento, escrito por Sesé Mateo, quen foi asasinada a mans da súa parella na localidade de Redondela hai tres anos.

No acto, que se celebrará na Sala Amalia Domínguez Búa ás 12.00 h, participarán a poeta local Míriam Ferradáns, e Joshua Mateo, fillo de Sesé.

A recadación da venda dos exemplares destinarase ao Fondo de Becas Soledad Cazorla de Fundación Mujeres.