Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: ‘Nación mar. Cetáceos, navíos, espíritos e mitos’ de Xosé Iglesias

Evento xa rematado

A Libraría Miranda organiza o sábao 26 de xuño a presentación do libro Nación mar. Cetáceos, navíos, espíritos e mitos, de Xosé Iglesias, que terá lugar ás 20.00 horas no Museo Massó.

Nación mar é un berro de vida, unha chamada de atención sobre un ecosistema que loita por sobrevivir sen perder a súa esencia. As súas fermosas evolucións ilustradas transmítennos perfectamente a beleza deste fascinante universo, a simbiose entre os seus moradores e o valor dos coñecementos nados da experiencia, ás veces tráxica, sempre esforzada, convertida nun tesouro transmitido a través de xeracións.