Presentación libro: Música no faiado

A Sala Domínguez Búa acolle o 19 de decembro ás 20.00 h a presentación do libro Música no faiado, de Miguel Ángel Alonso Diz. No acto participará, ademais do autor, Anxo González Guerra.

SINOPSE: A represión, a emigración, o racismo, o medo e un evocador percorrido pola música do século XX conforman un libro de gran sensibilidade que, a través dos ollos inocentes de dous irmáns, ispe acontecementos do pasado recente dunha familia que non deixan de ser tamén o relato compartido de moitos galegos e galegas.
Unha tarde de choiva e uns misteriosos ruídos no faiado dan comezo á descuberta da historia familiar de Lucía e Miguel, mantida en silencio durante anos. A represión, a emigración, o racismo, o medo e un evocador percorrido pola música do século XX conforman un libro de gran sensibilidade que, a través dos ollos inocentes de dous irmáns, ispe acontecementos do pasado recente dunha familia que non deixan de ser tamén o relato compartido de moitos galegos e galegas.

Eduardo Vincenti, 2 36930 - Bueu