Presentación libro: «Mulleres que viven xuntas» de Abril Camino
Evento xa rematado
-
Data
29 octubre, 2025
-
Hora
7:30 pm - 9:00 pm
A Libraría Miranda organiza o 29 de outubro a presentación do libro Mulleres que viven xuntas, de Abril Camino. O acto terá lugar ás 19.30 horas na Sala Multiusos do Centro Social do Mar.
SINOPSE: En 1955, despois da morte de seu pai, Isabel, que aínda non fixo os dez anos, vese na obriga de marchar para Londres, onde será acollida polos tíos. Cando en 1968 regresa á súa aldea, preto de Compostela, coñece a Chus, unha mestra que coidou da súa nai mentres ela non estaba e con quen vai iniciar unha relación de amor que durará toda a vida. O medo ao que dirán e a manifestar a súa situación sentimental durante a represión franquista, provoca que manteñan un segredo que lles afectará profundamente. Cun estilo sobrio e cunha magnífica construción das personaxes, que van medrando a través da intercalación de distintos tempos e voces narrativas, «Mulleres que viven xuntas» interpela as lectoras e lectores para reflexionar sobre as dificultades e repercusións que a orientación sexual pode supoñer para algunhas persoas. Unha obra conmovedora tecida cos fíos de cores do amor e da paixón, mais tamén con moitas puntadas escuras de frustración.