Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «Miss Marte» de Manuel Jabois

Evento xa rematado

A Libraría Miranda organiza o 2 de agosto a presentación do libro Miss Marte, de Manuel Jabois, nun acto que terá lugar ás 21.00 h no Centro Social do Mar e no que o autor estará acompañado de Gabriela González.

SINOPSE:

1993. Mai, unha moza moi nova cunha nena de dous anos, chega a unha vila de costa poñendo todo patas arriba. De seguido fai amigos, coñece a Santi, namóranse ao instante e ao cabo dun ano celebran unha voda que remata en traxedia, cando a noite da festa a filla de Mai desaparece misteriosamente.

2019. A xornalista Berta Soneira disponse a rodar un documental sobre o suceso acontecido vinte e cinco anos atrás. Para iso entrevista a todos os que aínda o lembran, re escribindo o relato dun día que cambiou a vida de todos.