Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «Mirafiori» de Manuel Jabois

A Libraría Miranda organiza o 12 de agosto a presentación do libro Mirafiori, de Manuel Jabois. O acto terá lugar ás 21.00 horas no Centro Social do Mar.

SINOPSE: Que farías se unha muller da que estás namorado che confía que ve pantasmas? Valentina Barreiro e o narrador desta historia coñecéronse na adolescencia e compartiron un segredo toda a súa vida. Cumpridos os corenta, Valentina é unha actriz de éxito e el un home sen fortuna. Un home que xa só a ama como pode. Só entón, cando sexa tarde, chegarán a coñecerse de verdade. Esta é unha historia sobre a beleza de todo aquilo que non ten explicación. Unha novela sobre a dificultade e a emoción de non poder comprender todo o que nos acontece.