Presentación libro: «Los pies de la lechuza», de Fátima Chamadoira
Evento xa rematado
-
Data
7 abril, 2019
-
Hora
7:00 pm - 8:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
O Centro Social do Mar de Bueu acolle o 7 de abril, ás 19.00 h, a presentación do libro Los pies de la lechuza, da autora local Fátima Chamadoira.
Esta biografía novelada conta as peripecias de Lolita Ríos, unha muller nacida en 1919 no seo dunha familia humilde. Hai rumores sobre as súas verdaderas orixes, pero a súa vida transcorrerá a cabalo entre unha escolarización precaria, o traballo infantil e unha xuventude cada vez máis afastada do seu barrio, con aspiracións difusas. Coñecerá a declaración da Segunda República, a Guerra Civil española, os primeiros anos da posguerra. En 1942 tomará unha decisión que a levara a onde nunca pensou que chegaría, un camiño no que deberá superar obstáculos e limitacións.