Presentación libro: «Los fabuladores» de José Ignacio Carnero
-
Data
2 julio, 2026
-
Hora
9:00 pm - 10:00 pm
-
Sala Amalia Dominguez Búa
Eduardo Vincenti, 2 36930 - Bueu
A Libraría Miranda organiza o 2 de xullo a presentación do libro Los fabuladores, de José Ignacio Carnero. O acto terá lugar ás 21.00 horas na Sala Amalia Domínguez Búa e estará presentado polo xornalista e crítico Ramón Rozas.
SINOPSE: En xaneiro do 1961, un comando de opositores ás ditaduras de Franco en España e de Salazar en Portugal secuestrou en alta mar o transatlántico Santa Maria. Á fronte da operación, dous galegos: Pepe Velo e o comandante Sotomayor, e mais un portugués, o capitán Galvão. Tres figuras hoxe míticas que José Ignacio Carnero converte en personaxes literarios mergullando e perdéndose entre as súas palabras, os seus recordos e as súas fabulacións. Unha novela fascinante sobre o heroísmo e a ficción.