Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «Los días cortados»

Evento xa rematado

A Sala Amalia Domínguez Búa acolle este sábado, 17 de marzo, ás 12.00 horas, a presentación do libro Los días cortados, de Joaquín González Acuña.

SINOPSE: As tradicións fan que as persoas se sintan moitas veces atadas e impotentes, sen liberdade para facer ou dicir certas cousas, o que as obriga a que os sentimentos se teñan que levar ocultos como se fosen un delito. Os personaxes desta historia viven nunha vila onde as tradicións rexen o comportamento da veciñanza sen ter en conta o dano que poidan causar. Esta é a historia desas tradicións que poden acurtar as vidas das persoas, cando estas se poñen por enriba dos sentimentos.

Dous mozos, dúas vidas, dous futuros que se ven truncados polo que dirán dos habitantes da vila.