Presentación libro: «Lixeiro», de Ismael Ramos
Evento xa rematado
-
Data
3 julio, 2021
-
Hora
12:00 pm - 1:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
A Libraría Miranda organiza o 3 de xullo a presentación de Lixeiro, o último poemario de Ismael Ramos. O acto terá lugar ás 12.00 h na Sala Multiusos do Centro Social do Mar, e o autor estará acompañado de Míriam Ferradáns.
SINOPSE: Lixeiro, o terceiro libro de Ismael Ramos, e unha reflexión sobre os desencantos do presente e a procura dunha transcendencia que non chega. A precariedade, a amizade no transo á idade adulta, unha parella que se desintegra, unha irmá que medra, lebres que cruzan a estrada sen mirar, traballadores en barco, tren, autobús… Todos eles atravesan este poemario, que foxe coma un animal miúdo sen saber moi ben onde vai, gozando de cada respiración na carreira. Velaquí o latexo dun corazón novo.