Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «La víspera» de Manuel Jabois

A Libraría Miranda organiza o 10 de agosto a presentación do libro La víspera, de Manuel Jabois. O acto terá lugar ás 21.00 horas no Centro Social do Mar e o autor estará acompañado de Manuel Villanueva.

SINOPSE: Amalia cumpre sesenta e cinco anos mañá. Pero hoxe aínda é a véspera. Péchase na casa para preparar a comida e para limpar que todo brille mentres agarda aos seus fillos. Fóra, policías e xornalistas ocupan a vila a causa dun suceso que paraliza durante vinte e catro horas o país. Nesta historia perturbadora que sucede nun só día, unha protagonista inesquecible, Amalia Constentla, move os límites morais e arrastra ao lector a unha viaxe de sacrificio, culpa e redención. Manuel Jabois constrúe en torno a unha nai e o sue fillo unha indagación incómoda sobre a orixe e o destino da primeira institución de todas: a familia.