Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «La puerta» de Manel Loureiro

Evento xa rematado

A Libraría Miranda organiza o luns 26 de xullo a presentación do libro La puerta, de Manel Loureiro, que terá lugar ás 21.00 h na Sala Multiusos do Centro Social do Mar.

SINOPSE: Un crime ritual. Unha muller desesperada por salvar o seu fillo. Manel Loureiro sorprende cun thriller ambientado na misteriosa Galiza. A descuberta do cadáver dunha moza, asasinada mediante unha antiga forma ritual aos pés da mítica Porta de Alén, desconcerta aos seus investigadores. A axente Raquel Colina acaba de chegar a ese recuncho perdido de Galiza para tratar de salvar ao seu fillo, ao que a medicina xa non pode curar.