Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «La canción de la salitre» de Mario Otero Lemos

Evento xa rematado

A Libraría Miranda de Bueu organiza o luns 18 de xullo a presentación do libro La canción de la salitre de Mario Otero Lemos, nun acto que terá lugar ás 21 horas na Sala Multiusos do Centro Social do Mar e que contará coa presenza do autor e tamén do escritor local Álvaro Otero.

SINOPSE: José Antonio fuxe da casa familia unha mañá tranquila na que o vento conta historias de navegantes. O azar, as baleas e as correntes lévano a unha vila de cores onde coñecerá o lado tenro dos sentimentos, alí onde as feridas son máis doadas de abrir, e onde o océano cobra vida para outorgar amizade, amor e desgraza.