Presentación libro: «Homes de ferro» de Alfredo Conde
Evento xa rematado
-
Data
20 febrero, 2020
-
Hora
7:00 pm - 9:00 pm
-
Sala Amalia Dominguez Búa
Eduardo Vincenti, 2 36930 - Bueu
A Libraría Miranda organiza o xoves, 20 de febreiro, a presentación do libro Homes de ferro, de Alfredo Conde. O acto, que se celebrará ás 19.00 h na Sala Amalia Domínguez Búa, contará coa presenza de Manuel Lara, presidente da Asociación Buxa, Alejandro Diéguez, editor.
SINOPSIS: A aventura de catro irlandeses que viaxan a Galicia a bordo dunha embarcación tradicional converténdose en emblema do Camiño por mar. A viaxe está realizada en catro etapas, desde o 2014 ó 2017. Non é unha crónica periodístia, tampouco pretende ser unha novela, nin un documental. É a recreación da historia real dos catro amigos que deciden facer o Camiño de Santiago por mar a bordo dun currach, feito por eles mesmos. Os feitos son certos, as singraduras e moitas das frases que aparecen. Os pensamentos, en cambio, son liberdade do novelista á hora de imaxinar a aventura. Unha viaxe a Santiago e unah viaxe interior ás conciencias dos protagonistas.