Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «Galiza e o decolonialismo»

Evento xa rematado

O Aturuxo Bar acolle o próximo xoves 24 de agosto, ás 20.00 horas, a presentación do libro Galiza e o decolonialismo, no que participarán Fran Quiroga, Cristina Botana e María Novas.

Galiza e o decolonialismo é unha publicación baseada na investigación levada a cabo polo Grupo de Estudos, un programa de investigación dirixido por Fran Quiroga que se desenvolveu durante o ano pasado na Fundación Luis Seoane. O obxectivo daquela iniciativa foi abordar diferentes cuestións relacionadas co pensamento contemporáneo, entre elas, a creación dun debate acerca da teoría decolonial en Galicia, cuxas conclusións recóllense neste volume. A publicación aborda o significado da identidade desde o seu carácter mutante, cambiante, adaptativo, lonxe de esencialismos normativizantes, e analiza as migracións, os legados, a construcción da idea da nación, da potencia do popular e, en definitiva, a idea de galeguidade na contemporaneidade.