Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «Estampas do mundo elegante» de Xesús Campos

Evento xa rematado

A Libraría Miranda organiza o luns 11 de xullo a presentación do libro Estampas do mundo elegante de Xesús Campos, nun acto que terá lugar ás 21.00 horas na Sala Multiusos do Centro Social do Mar e que contará coa presenza do actor Antón Durán Morris e de Nico Campos.

SINOPSE: En 1992 editábase Estampas do mundo elegante, que recollía os artigos escritos entre 1983 e 1991 polo debuxante, xornalista e humorista gráfico Chichi Campos para A Nosa Terra. Agora, o seu fillo Nico Campos coordina unha nova edición daquel volume ao que se engaden máis de trinta colaboracións, nun esforzo por recuperar e reivindicar a figura e a obra deste autor galego que soubo retratar como poucos as transformacións que se estaban a producir na sociedade, na cultura e na política deste país naquel tempo.

Os beneficios da venda deste libro destinaranse a financiar un documental sobre a figura de Chichi Campos, dirixido polo seu fillo.