Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «En las rendijas de la memoria» de Salvador Rodríguez

Evento xa rematado

A Libraría Miranda organiza o 22 de agosto, ás 20.30 h, a presentación do libro En las rendijas de la memoria de Salvador Rodríguez. No acto, que terá lugar na Sala Domínguez Búa, acompañarán ao autor Eduardo Esteban e Ceferino de Blas.

Neste libro, o autor e xornalista bueués conta historias como a de Walter Giese, que propiciou a fuga de líderes hitlerianos cara Hispanoamérica por Galicia; Paco Porrúa, editor galego de Julio Cortázar e Gabriel García Márquez; Inés de Castro, a raiña cadáver, o pirata Soto, o aviador Piñeiro, os últimos galegos de Filipinas ou o xeneral Aranguren que foi fiel á República e morreu fusilado cun rosario na man…