Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «El caso Tarduchy» de Fátima Chamadoira

Evento xa rematado

A Libraría Abrente de Bueu organiza o xoves 10 de xuño a presentación do libro El caso Tarduchy de Fátima Chamadoira. O acto terá lugar ás 22.00 h a través do Facebook Live da Libraría e contará coa participación de Inés López Volpe, crítica literaria, e de Ricard Pérez Braña, director da editorial Célebre.

SINOPSE: estamos diante dun relato trepidante, marcado polas obsesións, as induccións e deduccións que fatalmente poden conducir a todos os seres humanos. Nas súas páxinas podemos descubrir a dor que quedou na contorna das vítimas e a incertidume. A autora bueuesa erixiu un canto á adolescencia, a paternidade, e o valor da memoria. Trátase, pois, dunha novela nocturna e alucinante que non deixará indiferente a ninguén.